Publicador de contidos
Publicador de contidos

Baixada de xornada, baixada de produtividade, por Venancio Salcines

Baixada de xornada, baixada de produtividade, por Venancio Salcines

G24.gal 09/09/2024 08:35

Sumar, a través dos seus representantes no Goberno, queren cumprir co seu programa laboral e propoñerá a redución da xornada laboral a un máximo semanal de 37,5 horas.

De cara a valorar ben o impacto, cabe facer algunhas preguntas. A primeira é: Cal é a xornada laboral máis frecuente na eurozona? E digo eurozona porque é o espazo económico co que temos máis interacción, e a resposta é 40 horas. Agás Francia, a inmensa maioría están nesa xornada.

A segunda pregunta tería que ser: A nosa poboación ocupada e máis produtiva ca a europea? Fronte á media da OCDE, levamos corenta anos perdendo produtividade, fronte á zona euro, no ano 2023 a produtividade por hora traballada era un 13,8 % por debaixo.

Se facemos unha análise por sectores, para o período 1995-2019, e segundo Cuadrado, Moral-Benito e Solera, estamos ben en agricultura, superamos nun 14 %, e estamos peor en Industria, un 20 % por debaixo, e en actividades profesionais e administrativas, un 26 % por debaixo. É dicir, agás na agricultura, estamos por debaixo.

Se reducimos a xornada e non incrementamos a produtividade levaremos as nosas empresas a unha perda de competitividade, o que levará a unha presión salarial á baixa. E agora a última pregunta: Como son as nosas empresas? O 94 % teñen menos de 50 traballadores, fronte, por exemplo, ao 61 % de Alemaña. Quere isto dicir que a medida non impacta sobre un tecido de compañías multinacionais, senón sobre unha estrutura empresarial que xa por si é máis feble ca  a da eurozona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade