Baixan as contratacións de cara á campaña do Black Friday
Baixan as contratacións de cara á campaña do Black Friday
O grupo de recursos humanos Randstad estima que se farán case un 18 por cento menos de contratos
As empresas de loxística concentran a maior parte das ofertas de traballo
Achéganse as épocas do ano de maior consumo, o Black Friday e o Nadal, e moitas empresas xa comezaron a contratar persoal de reforzo. En toda España, segundo o grupo de recursos humanos Randstad contrataranse durante este mes de novembro, para a campaña do Black Friday, máis de 33.000 en persoas.
Por riba dos 2.000 contratos novos estaremos en Galicia. Unhas cifras un 18 por cento inferiores, din, a de anos anteriores debido a incerteza económica e inflación que está a retraer o consumo.
Dúas de cada tres contratacións realizaranse no sector da loxística e o transporte. Ademais de repartidores e mozos de almacén tamén se buscan dependentes e persoal para atención ao cliente.