Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Sergas notifica a morte de seis persoas diagnosticadas coa covid

O Sergas notifica a morte de seis persoas diagnosticadas coa covid

Dende o inicio da pandemia rexistráronse 2.924 falecementos

Este sábado baixaron as infeccións, os ingresos e o ritmo de contaxios

G24.gal 29/01/2022 09:54 Última actualización 20:05

O Servizo Galego de Saúde informou este sábado da morte de seis persoas que foran diagnosticadas coa covid-19. Tiñan entre 74 e 96 anos e padecían patoloxías previas. 

No que levamos de xaneiro, notificáronse 158 vítimas, unha cifra que non se rexistraba desde o inverno pasado. Galicia suma 2.924 falecementos dende o inicio da pandemia.

Segundo os últimos datos oficiais, este sábado reduciuse o ritmo de contaxios. Confirmáronse 5.608 novos positivos, varios centos menos ca a xornada anterior.

Vigo mantense por riba dos 1.500 casos novos diarios, e a área da Coruña detectou 1.184.
Santiago tamén descende a 919, LugoOurense e Pontevedra rexistran menos dos 600 e Ferrol 226.  

Segundo os últimos datos publicados polo Sergas, tamén diminúen os casos activos. Nestes momentos, 67.461 persoas están infectadas, 958 menos das rexistradas vinte e catro horas antes. Máis do 99 % pasa a enfermidade na casa.

Presión hospitalaria

Ademais, baixa a presión hospitalaria, sobre todo nas UCI. En total, hai 635 ingresos relacionados coa covid, cinco menos ca este venres. Nas camas convencionais permanecen 595 doentes (-1) e nas unidades de coidados intensivos, 40 (-4), a cifra máis baixa deste mes.

A área da Coruña é a que máis pacientes ten en coidados intensivos. Durante toda a semana mantívose con 11 pacientes nestas unidades. E tamén computa máis ingresados en planta, onde ten 149. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade