Publicador de contidos
Publicador de contidos

Baixan os casos activos e os contaxios diarios, pero soben os ingresos

Baixan os casos activos e os contaxios diarios, pero soben os ingresos

Aumentan en 24 as persoas hospitalizadas

O Sergas notificou dous decesos por mor da covid

Jessica Fernández 28/03/2022 10:37

Os casos activos baixan notablemente (-1.845) e están por debaixo dos 22.000. En total, hai 21.839 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, os contaxios diarios tamén descenden con respecto a onte e rexístranse 1.045

repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 4.568 (-433)

Vigo: 4.168 (-366)

Ourense: 2.217 (-359)

Santiago: 3.617 (-284)

Lugo: 2.588 (-156)

Pontevedra: 2.447 (-85)

Ferrol: 2.147 (-150)

En canto á ocupación hospitalaria, esta aumenta tanto nas UCI (+1), como en planta (+23). en total, hai 25 e 438 persoas ingresadas respectivamente.

Con todo, o Sergas notificou dous decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 3.194 falecementos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos