Publicador de contidos
Publicador de contidos

Balance desigual no sector pirotécnico do primeiro verán sen restricións

Balance desigual no sector pirotécnico do primeiro verán sen restricións

No litoral, as empresas traballan ao 80 %, pero no interior padecen a afectación dos lumes forestais e das temperaturas extremas

G24.gal 01/09/2022 20:43

Logo da cancelación de eventos que trouxo a pandemia, a incidencia dos incendios forestais está a dificultar o regreso ao traballo dalgunhas empresas pirotécnicas. Non obstante, para outras a situación xa é case de normalidade.

A recuperación do sector está en marcha co restablecemento da vida social, e calcularon xa que este verán a un 80 % do que o fixeron en 2019. Pero o balance da temporada non será o mesmo nas zonas máis afectadas polos incendios forestais.

O risco de incendios e a incidencia dos lumes son incompatibles co uso dos fogos de artificio e das bombas de palenque en terreos forestais ou de influencia forestal.

De aí que, coa chegada das temperaturas extremas, as pirotécnicas ourensás practicamente deixaron de traballar e unha interpretación restritiva da norma puxo en risco toda a actividade. 

O balance da temporada nesta empresa familiar de Caldas cun século de antigüidade é, de momento, moi satisfactorio.

A recuperación das festas populares e o costume crecente de empregar fogos de artificio en celebracións privadas, como acontece nas vodas, levanta os números, sobre todo no litoral, dun sector que estivo dous anos parado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade