Publicador de contidos
Publicador de contidos

Balenziaga: "Tomei a decisión de non seguir no Dépor nin no fútbol profesional"

Balenziaga: "Tomei a decisión de non seguir no Dépor nin no fútbol profesional"

O defensa vasco tiña un ano máis de contrato co Deportivo

G24.gal 31/05/2024 12:22 Última actualización 31/05/2024 15:50

Mikel Balenziaga compareceu en sala de prensa para anunciar que deixaba o Deportivo, a pesar de que quedaba un ano de contrato, tras lograr o ascenso.

"Aproveito para dicir que o ano que vén non vou continuar no club. Tomo a decisión de non seguir no Depor nin no fútbol profesional. Durante a tempada tiven dúbidas, o ano pasado xa baixe de Primeira a Primeira RFEF, deixei de lado o fútbol profesional. Tiña contrato en caso de ascender, vía que iamos ascender, dúbidas, xogar no depor é un privilexio e ao final cabeza fría", comentou.

Idiakez asegurou que fora "unha honra ter a Balenziaga connosco e foi un grande acerto que viñese. O exemplo que supuxo e desexarlle o mellor. Son decisións que ten que tomar un, é unha persoa moi madura e adulta. Cando alguén toma unha decisión dese calado hai que respectalo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos