Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres anos do asasinato de Samuel Luíz na Coruña, co xuízo previsto para outubro

Tres anos do asasinato de Samuel Luíz na Coruña, co xuízo previsto para outubro

A asociación LGTBI+ALAS convocou unha vixilia no lugar en que o mataron

O xuízo comezará o 16 de outubro

Centos de persoas acudiron á vixilia que lembrou a Samuel no lugar enque o mataron
G24.gal 03/07/2024 21:15

Terceiro aniversario do asasinato do mozo Samuel Luíz nas rúas da Coruña.

Hai uns minutos, centos de persoas de todas as idades rompían cos seus aplausos o minuto de silencio que convocou para lembrar a Samuel a asociación LGTBI+ALAS a carón do lugar onde o mataron, unha coñecida discoteca de Riazor. Esta asociación vai exercer de acusación popular no xuízo contra os cinco presuntos asasinos que comezará en outubro.

A noite do 2 ao 3 de xullo de 2021, na saída dese local de lecer nocturno, un grupo de mozos atacou a Samuel Luíz, de 24 anos, e mallaron nel ata matalo. Os esforzos de dous cidadáns senegaleses por parar a pelexa foron inútiles.

O suceso, que os cidadáns lembran moi ben, aínda mantén conmocionada a poboación, que agarda que nunca máis se volvan repetir actos semellantes.

A investigación levou a deter unha muller, considerada a instigadora, e seis varóns como supostos participantes. Dous son menores de idade, que, condenados tras un acordo coa Fiscalía, están a piques de rematar o tempo de internamento.

A Fiscalía pide para os adultos condenas que van dos 22 aos 27 anos de cadea, no xuízo con xurado popular que comezará o 16 de outubro e que se prevé que finalice o 18 de novembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade