O Rácing de Ferrol e o Deportivo comezan e rematan a liga na casa
O Rácing de Ferrol e o Deportivo comezan e rematan a liga na casa
O primeiro derbi será na Coruña na xornada 3, a primeira semana de setembro, e o segundo na xornada 33, o último fin de semana de marzo
Os dous equipos galegos tiveron sorte no sorteo do calendario de Segunda División, os dous comezarán e rematarán a liga en casa. O Deportivo regresa ao fútbol profesional cun precioso partido ante o finalista polo ascenso a primeira división, o Oviedo, mentres que o Rácing comezará a súa segunda tempada consecutiva na categoría de prata fronte a o recentemente ascendido, o Málaga.
O primeiro derbi caeu moi cedo no calendario, na xornada 3, en Riazor, que coincidirá co primeiro fin de semana de setembro. O segundo derbi será xa na xornada 33, o último fin de semana de marzo, cando os partidos xa case empezan a contar dobre.
A última xornada, para sorte dos dous equipos, será coa súa afección, en Riazor e na Malata, pero contra dous rivais de grande entidade, e que loitarán polo ascenso. O Deportivo xogará contra o Elxe, que este ano non tivo moita sorte, pero que quere volver a primeira, e o Racing fronte a un Sporting de Xixón que como dixo o galego Rubén Albés loitarán por coller unha das tres prazas de ascenso.