O lixo segue amoreándose en moitas rúas da Coruña
O lixo segue amoreándose en moitas rúas da Coruña
Nalgunhas zonas non se recolle desde hai sete días
Haberá máis paros intermitentes en xullo e unha posible folga indefinida en agosto
Contedores cheos e desperdicios esparexidos polas beirarrúas. Así están moitas zonas da Coruña; nalgunhas o lixo non se recolle desde o San Xoán, desde hai sete días.
"É unha vergoña que estea isto así". "Nós pagamos os nosos impostos".
As montañas de lixo seguen medrando, ao igual que o enfado dos veciños.
"Os cheiros son insoportables. Nin podemos abrir as ventás". "Nós temos o lixo na casa, como o imos baixar estando todo como está".
Os comerciantes tamén están indignados.
"A xente nas terrazas xa non senta". "E como se te encha todo de moscas aquí xa non podes atender".
Unha queixa á que se suman os hostaleiros.
"Eu teño un negocio de comidas e aquí cheira fatal. E cando saio polas noites, aquí hai ratos".
Polo momento non hai unha previsión de que a solución chegue axiña. De feito, este mes haberá máis días sen recollida de lixo. As seguintes xornadas de folga serán os próximos luns e martes.
"Pois acabaremos tendo un problema de saúde pública". "Non sei a que espera o Concello para tomar medidas".
Porque esta situación, din, tamén lle está a afectar á imaxe da Coruña.