Publicador de contidos
Publicador de contidos

Piden por vía penal e civil que se impida a compravenda de droga no seu edificio

Piden por vía penal e civil que se impida a compravenda de droga no seu edificio

Unha comunidade de veciños da rúa Pérez Ardá da Coruña denuncia os problemas de convivencia e insalubridade que provocan os que van ao narcopiso 

Apelan á Lei de propiedade horizontal para sancionar o veciño cunha expulsión temporal da súa casa

G24.gal 01/07/2024 14:07

As noites volven ser movidas no bloque 14 da rúa Pérez Ardá da Coruña, por mor da compravenda de droga que os veciños din que hai nunha das vivendas do terceiro andar. Contan que un dos días da semana pasada a liorta foi especialmente grave e os berros ouvíanse na sétima planta, ata a que a policía logrou que desaloxaran o piso. 

A comunidade de veciños do bloque 14 empezara a denunciar estes problemas xa no mes de abril, tanto na policía coma no xulgado, para evitar que os que acoden ao suposto narcopiso sigan alterando a vida veciñal, con liortas na vivenda ou sucidade nas áreas comúns. 

Insisten en seguir achegando probas para que o xuíz tome medidas efectivas de acordo co que establece a Lei da Propiedade Horizontal en canto a actividades molestas, nocivas ou insalubres.

Entrementres din estar dispostos a tomar as súas propias medidas, como os quendas de vixilancia, para manter afastados os que pretenden facer mercadeo no bloque. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade