Publicador de contidos

Publicador de contidos

Balón de Ouro para Alexia Putellas e sétimo para Leo Messi

Balón de Ouro para Alexia Putellas e sétimo para Leo Messi

Pedri logrou o trofeo Kopa que recompensa ao mellor sub-21 do ano

G24.gal 30/11/2021 11:34

A xogadora do Barcelona Alexia Putellas gañou este luns o Balón de Ouro feminino que entrega a revista France Football. A catalá, gañadora co seu club da liga, a Copa da Raíña e a liga de Campións, recibiu o galardón de mans do francés Kylian Mbappé.

Alexia Putellas is your 2021 Women's #ballondor! pic.twitter.com/DJLB2YNObL

É o segundo premio que recae no Barça, que xa viu como Pedri lograba o trofeo Kopa que recompensa ao mellor sub-21 do ano.

Pola súa banda, o arxentino Lionel Messi, actualmente no París Saint-Germain, alzouse tamén co Balón de Ouro que gañou xa en sete ocasións. O exfutbolista do Barcelona superou ao polaco Robert Lewandowski e ao francés Karim Benzema na clasificación deste premio que se creou en 1956.

Quelle soirée pour 𝙇𝙚𝙤 𝙈𝙚𝙨𝙨𝙞 🥇#BallonDor pic.twitter.com/XrhrOwWswO

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade