Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bañistas de Cangas, en pé de guerra contra os paraventos

Bañistas de Cangas, en pé de guerra contra os paraventos

As queixas dos bañistas aumentan porque din que ocupan espazo e restan visibilidade

En praias como a de Areacova mesmo tivo que intervir a Policía Local

G24.gal 09/08/2024 14:19

Cada vez imos con máis trastos a praia. En Cangas os bañistas están en pé de guerra contra os paraventos. Estes toldos de tea ancorados na area cuxa función é protexer do vento pero din os bañistas que tamén restan espazo e visibilidade. 

"Estás ocupando unha zona en que outra xente pode poñer as súas toallas, hai que respectar"; di un bañista, outro engade: "nós vimos de Málaga alí non estamos acostumados a estes paraventos, e si molestan porque ocupan moito".

E van máis alá, aseguran que moitos os usan como separadores para delimitar a súa zona na area para ter máis privacidade. "Empezan a montar as tendas, cos aparellos eses, non estou de acordo", asegura este home.

Hai quen non os ve un problema. "É para o vento non creo que ocupe espazo"; di este bañista, estoutro cre que "cada un que faga o que queira sen molestar ao do lado".

En areais como o de Areacova mesmo tivo que intervir a Policía Local e moitos acabaron desinstalándoos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar