Publicador de contidos
Publicador de contidos

Baño de realidade do Noia na pista do Palma (8-2)

Baño de realidade do Noia na pista do Palma (8-2)

Ao descanso o resultado xa era de 6-0

G24.gal 24/05/2023 20:53 Última actualización 24/05/2023 21:12

O líder da LNFS e vixente campión de Europa non quixo deixar lugar ás dúbidas no primeiro partido dos cuartos de final na loita polo título. Triunfo sen paliativos do Palma Futsal ante un Noia Portus Apostoli que se estreaba nesta rolda.

O partido encamiñouno aos dous minutos o porteiro local Luan Muller nunha acción individual. Despois chegarían os goles de Mancuso (2), Rivillos, Tomaz e Cléber. Ao descanso a diferenza era de 6-0 a prol do equipo local e a sensación do Noia a de estar moi lonxe de poder pelexar cun equipo tan poderoso. 

Na segunda metade equilibrouse o encontro. O Palma non quixo facer máis sangue e o Noia conseguiu marcar o primeiro gol na súa historia nun partido de cuartos, o anotado por Hozjan. Logo dun intercambio de goles o partido quedou nun 8-2 final e a sensación de superioridade do equipo da illa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade