Baños de sol e calor para despedir o 2021
Baños de sol e calor para despedir o 2021
Unha Noitevella máis propia doutras latitudes
As temperaturas máximas estarán arredor dos 20 graos
"Isto parece Benidorm, verdade? Estabamos comentando antes alí na terraza do cuarto que vaia tempo que vai con sol e calor, poderemos desfrutar como se estivésemos no Mediterráneo, pero con todas as características do produto galego, claro que si", comenta un turista en Sanxenxo.
Agás nalgunhas vilas costeiras onde as nubes aguantaron un pouco máis, hoxe o ceo de toda Galicia tinguiuse dun azul intenso e os raios do sol empezaron a facer o resto, que os termómetros subiran ata os 20 graos, algo bastante inusual en Galicia. Estes días solleiros e calorosos son unha boa nova para despedir este ano.
"Non é o noso, pero si que está moi ben, xa que non se pode ir a ningún sitio lonxe pois polo menos poder saír fóra e gozar, sobre todo a xuventude", di unha señora.
"Vaia, eu estou encantada, veño para visitar a familia dende Suecia que alí temos menos 15, menos 18 e eu estou pero atopísimo, super guai, encántame".
"É un pouco estraño pero para min é perfecto, podemos estar na rúa, pasear e gozar desta anomalía", apunta un rapaz.
Ademais de calor haberá refachos de vento moderados, algo máis intensos no litoral atlántico, de feito hai un aviso amarelo na Costa da Morte que pode repercutir na sensación térmica.