Publicador de contidos
Publicador de contidos

Haberá Clásico na final da Supercopa

Haberá Clásico na final da Supercopa

O Barcelona derrotou o Betis na quenda de penaltis despois dun partido moi emocionante (2-2)

G24.gal 12/01/2023 21:17 Última actualización 12/01/2023 22:51

Outra vez verase a final "desexada" na Supercopa e teremos Clásico entre o Real Madrid-Barcelona. O Barça derrotou o Betis na quenda de penaltis despois dun empate (2-2) ao final da prórroga.

No primeiro tempo víronse dous goles. Un marcouno Pedri, pero foi anulado por unha milimétrica posición antirregulamentaria anterior de Rafinha. 

O que valeu foi obra, como non, de Lewandowski que agarda triunfar nesta súa primeira posibilidade de acadar un título co Barcelona e antes de cumprir a sanción de tres partidos. O Betis tamén dispuxo das súas ocasións pero atopouse coa inspiración baixo paus de Ter Stegen.

O segundo tempo camiñaba cun ritmo baixo de xogo e oportunidades. O Betis levaba a iniciativa e, a 13 minutos do final, atopou o premio co tanto marcado por Fekir. 

O Barcelona reaccionou de contado e Lewandowski volveu marcar, pero o VAR volveu intervir para anular o tanto por posición de fóra de xogo anterior de Ferrán Torres. 

 

Tocaba de novo xogar unha prórroga que resultou espectacular. Ansu Fati marcou aos dous minutos e Loren Morón empatou cun gol de calcaño no dez. 2-2 final e, ao igual que acontecera coa outra semifinal, decidiríase nos penaltis.

Nos penaltis o destacado foi Ter Stegen que parou o terceiro e o cuarto lanzamentos do Betis. O Barcelona amosouse infalible e chega á final diante do Real Madrid do mesmo xeito que o seu gran rival, con sufrimento e na quenda fatídica. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar