Cargando resultados...
Barcelona en Comú recorre contra os resultados do 28M
Barcelona en Comú recorre contra os resultados do 28M
Reclama 150 votos para Ada Colau que cren que foron para Ciudadanos
Barcelona en Comú detecta erros materiais nunha acta de Ciutat Vella
G24.gal
05/06/2023 08:26
Barcelona en Comú, o partido da alcaldesa de Barcelona en funcións Ada Colau, recorreu ante a Xunta Electoral de Zona contra o reconto dos resultados das municipais. Ao parecer detectaron "erros materiais" nunha acta de escrutinio de Ciutat Vella. E piden que lle atribúan os 150 votos que cren que por erro lle deron a Ciudadanos.
Barcelona en Comú quedou de terceira forza, con nove escanos, por detrás de Junts e PSC. De aceptarse este recurso, non comportaría un cambio na actual correlación de forzas.