Publicador de contidos
Publicador de contidos

Becerreá dispón dun belén ambientado na comarca dos Ancares

Becerreá dispón dun belén ambientado na comarca dos Ancares

As figuras e as casas son obra dunha veciña da localidade

Comezaron a montaxe hai 24 anos nunha igrexa e o espazo quedou pequeno

G24.gal 25/12/2022 20:13 Última actualización 25/12/2022 20:19

Asomarse por calquera dos recunchos deste belén de Becerreá é descubrir pequenos detalles que trasladan de inmediato a unha aldea da Montaña lucense. Hai unha feira, unha malla, unha matanza e un muíño, elementos todos eles que saíron das mans desta muller.

Esta maqueta da igrexa foi das primeiras edificacións deste Belén. Xunto a ela está a ponte que lembra a de Navia de Suarna. Tamén hai unha horta e unha escola das de antes, e cada ano novas incorporacións.

Non falta tampouco o Concello antigo de Becerreá nin a botica. Poden visitalo ata o 7 de xaneiro e o resto do ano, avisando previamente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos