Publicador de contidos
Publicador de contidos

Begoña Gómez pídelle ao xuiz medidas tras a difusión nos medios da súa anterior comparecencia

Begoña Gómez pídelle ao xuiz medidas tras a difusión nos medios da súa anterior comparecencia

A muller de Pedro Sánchez non quere que se grave en vídeo a súa declaración do vindeiro venres

"Ilustrareina eu persoalmente", a resposta do xuíz cando Begoña Gómez di non coñecer de que a acusan

Begoña Gómez. Arquivo (Europa Press) Begoña Gómez. Arquivo (Europa Press)
G24.gal 17/07/2024 10:01

A defensa de Begoña Gómez presentou un escrito ao xuíz que a investiga por presuntos delitos de tráfico de influencias e corrupción nos negocios en que lle solicita que, esta vez si, acorde só a gravación en son da súa declaración do venres 19 de xullo, dado que o vídeo da súa anterior comparecencia acabou publicado nos medios de comunicación.

Tal e como avanzaba El Independiente e confirmou en fontes xurídicas Europa Press, ese escrito xa está presentado e nel reclámase ao xuíz Juan Carlos Peinado que aperciba as acusacións populares coa posibilidade de expulsalas da causa no caso de que esa comparecencia volva ser filtrada.

Sinala, con todo, que descoñece a orixe da filtración das imaxes do pasado 5 de xullo que foron difundidas por varios medios. E lamenta que non só se difundiron imaxes da súa breve declaración ante o xuíz, en que negou coñecer os feitos polos que era investigada, senón que tamén se fixeron públicas as imaxes dela accedendo aos xulgados polos corredores das dependencias xudiciais.

Advirte de que esas imaxes dos corredores foron obtidas por "persoas que accederon aos xulgados, segundo os medios, coa colaboración dos letrados das acusacións".

Tras isto, lembra ao xuíz que a Lei de Axuizamento Criminal (LECrim) prevé que as actuacións se documenten pero, explica, "non existe obriga de facelo mediante a gravación da imaxe e o son".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade