Beiras considera un suicidio político que Podemos e Sumar non vaian xuntos ás eleccións
Beiras considera un suicidio político que Podemos e Sumar non vaian xuntos ás eleccións
Considera que Podemos non pode esixirlle primarias a Díaz e que ten que ir en igualdade cos outros partidos que xa se uniron a Sumar
Xosé Manuel Beiras considera que sería un suicidio político que as forzas de esquerda non conseguiran ir xuntas ás eleccións xerais, como propón Yolanda Díaz.
Beiras advírtelle a Podemos que non está en condicións de esixirlle primarias a Díaz e que deberá ir en igualdade de condicións ca o resto de forzas que xa aceptaron ir en Sumar.
"Podemos non pode pretender chegar a un acordo con Yolanda Díaz sobre as primarias, porque Yolanda Díaz non ten dereito a facelo deixando na estacada os demais partidos que xa dixeron que si. Que pasa, que os outros son 'chicas gogó'? Ou acaban mal por asumir unha actitude suicida, sobre todo a dirección de Podemos, ou terán que chegar a un acordo", dixo o veterano político.