Belén Sixto, a primeira policía local de Santiago: "Os inicios foron complicados, a sociedade era máis machista"
Belén Sixto, a primeira policía local de Santiago: "Os inicios foron complicados, a sociedade era máis machista"
Belén Sixto, a primeira policía local de Santiago: "Os inicios foron complicados, a sociedade era máis machista"
Tiña 19 anos cando ingresou no corpo e explica que os compañeiros recibírona moi ben, pero na rúa tivo que facer valer o seu carácter para facerse respectar
Neste 8 de marzo queremos visibilizar mulleres que romperon teitos de cristal, como Belén Sixto, a primeira muller que entrou na Policía Local de Santiago. A piques de xubilarse, lembra os inicios complicados nunha sociedade máis machista que a actual.
Asegura que se fixo policía por vocación e por tradición familiar, seguindo os pasos de seu avó, que foi sempre o seu referente.
Despois de case 40 anos de servizo na Policía Local de Santiago, Belén Sixto xubilarase en outubro. Foi a primeira muller que accedeu ao corpo con apenas 19 anos, seguindo o exemplo do seu referente: Ángel, o seu avó, aínda que a vocación de Belén inicialmente era outra: ser camioneira.
Á pregunta de como foron os inicios, Belén responde cun suspiro. Asegura que os compañeiros recibírona moi ben, pero que na rúa foi complicado e que tivo que tirar de carácter para facerse respectar.
Destes case 40 anos de servizo atesoura milleiros de anécdotas e momentos duros que a marcaron como o accidente de Angrois ou o atentado na discoteca Clangor.
Belén goza xa da merecida prexubilación. Bota en falta os compañeiros e ten a esperanza de que a tradición familiar continúe porque o seu neto si demostra interese pola profesión.