Publicador de contidos
Publicador de contidos

Belén Toimil e Saleta Fernández, primeiras medallas galegas no Campionato de España

Belén Toimil e Saleta Fernández, primeiras medallas galegas no Campionato de España

Belén Toimil acadou o ouro en lanzamento de peso co récord do campionato (18,23 m)

Saleta Fernández, prata en salto de altura (1,82 m), por detrás de Una Stancev

G24.gal 17/02/2024 22:08

No campionato de España de atletismo en pista cuberta chegaron as primeiras dúas medallas da delegación galega. Belén Toimil cumpriu cos prognósticos e sumou o ouro no lanzamento de peso. A mugardesa acadou o seu obxectivo en Ourense, que non era outro que lanzar por riba dos dezaoito metros. Fíxoo co seu terceiro lanzamento, que foi de 18,23, récord do campionato. Con el, Toimil acada o seu cuarto título de España.

Na sesión da mañá, Saleta Fernández obtivera a primeira medalla galega. Foi unha prata no salto de altura, cunha marca de 1.82 metros que foi insuficiente para arrebatarlle o triunfo á granadina Una Stancev. A propia Una defendía a vitoria que obtivera o ano pasado, e revalidou o ouro ao conseguir unha marca de 1.84 metros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade