Cargando resultados...
O encoro de Belesar está só ao 32 % da súa capacidade
O encoro de Belesar está só ao 32 % da súa capacidade
En toda a conca do Miño-Sil a ocupación media é do 46,7 %
Os encoros da zona Galicia-Costa están no 54,8 %
G24.gal
14/09/2022 14:49
Pese á chuvia destes días, os encoros galegos seguen aínda moi lonxe de recuperar un bo nivel de auga. Unha mostra evidente é o encoro de Belesar que está só ao 32 % da súa capacidade. En Portomarín, semella que se pode ir a pé dun lado a outro do río.
En toda a conca do Miño-Sil a ocupación media é do 46,7 %. Os encoros da zona Galicia-Costa están no 54,8 %, segundo os últimos datos publicados polo Ministerio de Transición Ecolóxica.