Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bellingham rescata a Inglaterra cando tiña os dous pés fóra da Eurocopa

Bellingham rescata a Inglaterra cando tiña os dous pés fóra da Eurocopa

Eslovaquia estivo a piques de dar a sorpresa, pero un gol do xogador do Real Madrid no 95 levou o partido á prórroga

Kane sentenciou no tempo suplementario (2-1)

G24.gal 30/06/2024 20:25

Poucas oportunidades como esta vai ter Eslovaquia de eliminar a Inglaterra. Tiña o partido na man grazas a un gol de Schranz no minuto 25 do primeiro tempo. Os ingleses estiveron a un nivel discreto, viron como lles anulaban un gol por fóra de xogo de Foden e sentíanse eliminados no minuto 95 -dera seis de engadido-. 

Nun momento tan crítico apareceu Jude Bellingham, ao estilo do Real Madrid na Champions, para marcar o gol salvador que rescataba a Inglaterra e permitíalle forzar a prórroga. 

Nese tempo suplementario pouco houbo que agardar para ver o definitivo gol de Harry Kane (2-1). Pekarik gozou dunha gran ocasión na área pequena para levar o partido á quenda de penaltis, pero os eslovacos non estiveron igual de atinados que os seus rivais no intre decisivo. Inglaterra segue o seu camiño, xogará nos cuartos de final diante de Suiza asumindo o papel de favorita. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos