Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bellingham, sancionado con dous partidos, non xogará ante o Celta

Bellingham, sancionado con dous partidos, non xogará ante o Celta

Os dous partidos ao madridista son "por actitudes de menosprezo ou desconsideración cara aos árbitros"

G24.gal 06/03/2024 12:57 Última actualización 06/03/2024 13:01

O Comité de Disciplina da Federación Española de Fútbol (RFEF) sancionou con dous partidos ao xogador inglés do Real Madrid Jude Bellingham, pola súa expulsión ao final do encontro da xornada pasada con vermella directa ante o Valencia.

A resolución do Comité desestima as alegacións do Real Madrid en defensa de Bellingham e impón dous partidos ao madridista por actitudes de menosprezo ou desconsideración cara aos árbitros, con multa accesoria de 700 euros ao club e 600 ao xogador, en aplicación do artigo 144 do Código Disciplinario da RFEF.

Bellingham cabeceou á rede un centro de Brahim Díaz que supoñería o 2-3 para o seu equipo no momento no que o árbitro sinalaba o final do partido, sen dar validez ao gol, e despois foi expulsado con tarxeta vermella directa por dirixirse "en actitude agresiva e a berros", segundo a acta arbitral.

"Tras a finalización do partido e aínda no terreo de xogo, dirixiuse cara a min correndo e en actitude agresiva e a berros, repetindo en varias ocasións 'it's a fucking goal' (é un fodido gol)", apuntou na acta Gil Manzano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar