Cargando resultados...
Ben, Toimil e Peleteiro, o trío de ases galego no Campionato de España en pista cuberta
Ben, Toimil e Peleteiro, o trío de ases galego no Campionato de España en pista cuberta
O venres principiou en Ourense unha cita marcada polo ano olímpico
Toimil e Peleteiro buscan as mínimas que lles dean o pasaporte cara a París
G24.gal
16/02/2024 22:00
As grandes figuras do atletismo nacional compiten dende este venres en Ourense no Campionato de España. Unha cita que contará con 36 atletas galegos, liderados por Ana Peleteiro, Belén Toimil e Adrián Ben.
O viveirense buscará o título nos 800 metros aínda que tamén correrá o 1.500. En peso, Toimil gañou os tres últimos campionatos, pero busca un premio maior, superar os 18 metros da mínima olímpica. Igual que Ana Peleteiro. Ademais de loitar polo seu oitavo título nacional o seu grande obxectivo será conseguir o billete para París para o que precisa acreditar un salto de 14:20.