Benítez: "Non quero xogar bonito e pelexar polo descenso"
Benítez: "Non quero xogar bonito e pelexar polo descenso"
O adestrador recoñece que falou con Aspas para que "controlase os seus comentarios e fose máis positivo"
"Quedan dous ou tres movementos", sobre o mercado de fichaxes
Primeira conferencia de prensa de Rafa Benítez en partido oficial co Celta. O técnico falou de obxectivos: "Paseaba pola praia e uns dicíanme Europa, outros gañar a Copa... Pero os afeccionados con sentido común dinche que o que non queremos é sufrir".
Tamén se referiu ao estilo que quere no seu equipo: "O que quere a xente é que o equipo gañe, non xogar bonito e pelexar polo descenso. Vou a Barcelona xogar ao tiki taka? Iso é unha parvada. Unha cousa é o que queres facer e outra o que podes".
O técnico falou da figura de Iago Aspas: "Vaise facendo maior, pero ten o talento. Estou falando moito con el para que nos seus comentarios sexa positivo".