Berocasión atrae a Carballo compradores de vehículos de toda Galicia
Berocasión atrae a Carballo compradores de vehículos de toda Galicia
Participan 14 concesionarios dos 18 que hai no concello
Ofertan máis de 600 coches dunha ampla gama de modelos
A feira do vehículo de ocasión de Carballo chega á súa 17 edición e faino como un referente consolidado para o sector en Galicia. Participan 14 dos 18 concesionarios que hai no concello. Ofertan 600 coches.
"Ofertamos vehículos de ocasión, incluso o vehículo novo exposto se cambiou por quilómetro cero. Ofertamos moi boas oportunidades, creo que a moi bo prezo e, sobre todo, vehículos de entrega inmediata, que hoxe en día hai escaseza diso", asegura Marcos Regueira, comercial dun dos concesionarios participantes.
"Axustamos un pouco os prezos e o que se acerque a Carballo, con máis de seiscentos coches, se non o teño eu teno o compañeiro", comenta Sergio Suárez, dono doutro negocio que se sumou á feira.
Comprar un coche de ocasión ou seminovo custa uns 5.000 euros máis que hai dous anos. En Galicia o prezo medio supera 19.000 euros. Con todo, compradores e vendedores amósanse satisfeitos.
"Eu vou contento, eu merquei. Sempre che poden dar algunha facilidade. Poden darche o seguro, por exemplo, a min abóanmo dous anos".
"Estamos moi contentos, tendo en conta a suba dos prezos vén xente moi animada. Sorprendeunos a afluencia de público, a verdade".
A entrega inmediata e as vantaxes só aplicables durante estas xornadas de portas abertas son o maior reclamo desta iniciativa que continúa ata o domingo ás oito da tarde