Publicador de contidos
Publicador de contidos

Betanzos vive un dos días grandes das súas festas coa primeira xira dos Caneiros

Betanzos vive un dos días grandes das súas festas coa primeira xira dos Caneiros

A navegación fluvial forma parte da singularidade da festa

G24.gal 18/08/2023 21:58 Última actualización 18/08/2023 22:52

Os Caneiros son unha xornada de reencontro. En familia ou con grupos de amigos compártense comida, conversas e bailes seguindo o curso do río Mandeo.

"Non é só unha festa. É como unha xuntanza con toda a veciñanza e como coñecer a xente que ao mellor levas sen ver cinco anos ou meses", apunta Rodrigo Campos, Representante Maior das Festas. 

Unha festa que se vive tamén a bordo das embarcacións engalanadas para a ocasión.

A navegación fluvial forma parte da singularidade dos Caneiros, un dos días grandes da Cidade os Cabaleiros e este ano máis que nunca.  E así o expresaba a alcaldesa María Barral ao sinalar que "por fin chegou. Amais, o tempo acompaña e estamos desexando chegar ao Campo dos Caneiros que, polo que me din, semella que hai moita xente".  

E no campo impera a convivencia interxeracional dunha tradición que atrae a centos de persoas tamén de concellos da comarca.

Nin a chuvia das últimas horas da tarde puido coas ganas de festa. Dentro dunha semana máis coa segunda xira dos Caneiros. Será o vindeiro venres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade