Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bicentenario da creación da provincia do Bierzo

Bicentenario da creación da provincia do Bierzo

Unha exposición en Vilafranca, antiga capital, resume a historia daquel período 

G24.gal 27/01/2022 21:08

O Bierzo conmemora o bicentenario da súa creación como provincia. O 27 de xaneiro de 1822, a Gaceta de Madrid publicaba o decreto que oficializaba a sua existencia.

Daquela, Vierzo escribíase con V e tiña oitenta e seis mil habitantes distribuídos en catro partidos xudiciais: Vilafranca, Ponferrada, Toreno e o Barco de Valdeorras.

Hoxe, en Vilafranca, a vella capital, inaugurouse unha exposición que resume a historia daquel periodo pero sen reivindicar a separación de León, como tivo hai douscentos anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade