Publicador de contidos
Publicador de contidos

Biden, ao comezar o xuízo ao seu fillo: "Son presidente, pero tamén son pai"

Biden, ao comezar o xuízo ao seu fillo: "Son presidente, pero tamén son pai"

É  a primeira vez que xulgan o fillo dun presidente estadounidense en activo

G24.gal 03/06/2024 16:21

O xuízo por posesión de armas contra Hunter Biden, fillo do actual presidente dos Estados Unidos, comezou este luns nun tribunal de Wilmington (Delaware) coa selección do xurado e coa presenza da primeira dama estadounidense, Jill Biden.

Trátase da primeira vez na historia dos Estados Unidos que o fillo dun presidente en activo se enfronta a un xuízo.

O fillo de Biden está acusado de mentir en outubro de 2018 cando non recoñeceu que consumía drogas nun formulario para comprar un revólver Colt Cobra de calibre 38, que logo gardou durante 11 días.

Os avogados de Hunter Biden solicitaron aprazar o xuízo para ter tempo de buscar máis testemuñas e revisar as probas entregadas polos fiscais, pero a xuíza rexeitou a petición.

Este domingo, a xuíza deu ademais un revés á defensa do polémico fillo do presidente e decidiu bloquear un dos seus peritos e excluír unha proba clave que o fillo do presidente esperaba utilizar.

Hunter Biden declarouse non culpable dos tres cargos que se lle imputan pola compra e posesión ilegal de armas, delitos que implican unha pena máxima de 25 anos de cárcere.

Por mentir no devandito formulario nunha tenda de Wilmington, acúsano de dous delitos por facer declaracións falsas, o primeiro por marcar unha casiña onde aseguraba que non era adicto ás drogas e o segundo por entregar esa información á tenda sabendo que era falsa.

O terceiro delito que se lle imputa é posesión dese arma durante 11 días, a pesar de que sabía que tiña unha adicción ás drogas.

Os cargos contra Hunter Biden son o resultado dunha investigación que se abriu en 2018 durante o Goberno de Donald Trump (2017-2021) e que o propio Trump usou para atacar ao seu adversario Biden.

O fillo do presidente enfróntase a outro xuízo en California no que se o acusan de evadir o pago de 1,4 millóns de dólares en impostos.

 "Son presidente pero tamén son pai"

"Como presidente, non fago nin farei comentarios sobre casos federais pendentes, pero como pai, teño un amor ilimitado polo meu fillo, confianza nel e respecto pola súa forza", apuntou o presidente nun texto publicado minutos despois do inicio da primeira sesión na que se fará a selección do xurado.

"Son presidente, pero tamén son pai", continuou o mandatario, quen asegurou que el ama o seu fillo e está "moi orgullosos do home que é hoxe".

"A resiliencia de Hunter ante a adversidade e a forza que achegou á súa recuperación resúltannos inspiradores. Moitas familias teñen seres queridos que superaron a adicción e saben a que referimos", concluíu o candidato á reelección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade