Publicador de contidos
Publicador de contidos

Biden asina un decreto para protexer o dereito ao aborto

Biden asina un decreto para protexer o dereito ao aborto

Pretende garantir o acceso á medicación abortiva e busca aumentar a protección dos sanitarios que realizan estas prácticas

Na mesma orde executiva, protexeranse outros dereitos fundamentais como a privacidade, autonomía, liberdade e igualdade

G24.gal 08/07/2022 18:59

Segundo un comunicado da Casa Branca, a orde que asina hoxe o presidente dos Estados Unidos insta o Departamento de Saúde a tomar medidas para garantir o acceso á medicación abortiva e busca aumentar a protección dos sanitarios que realizan estas prácticas no marco da Lei de traballo e tratamento médico de emerxencia.

Ademais, o Departamento de Saúde terá que emitir un informe en 30 días sobre a posta en marcha destas novas medidas. 

 Para o presidente, a decisión do tribunal "eliminou un dereito co que a poboación estadounidense contaba desde había case 50 anos, do de decidir a propia saúde reprodutiva de cada muller á marxe da interferencia do Goberno".

"Negáronse dereitos fundamentais a millóns de mulleres de todo o país, coas graves consecuencias que isto implica para a súa liberdade, a súa vida e o seu benestar", recolle o texto.

Esta decisión afectará especialmente as mulleres de cor, con baixos recursos e que residan en zonas rurais.

O obxectivo desta orde executiva é protexer tamén a privacidade daquelas mulleres que utilizan aplicacións de seguimento para a menstruación.  

Porén, aseverou que ningunha destas medidas lograrán restaurar por completo o dereito ao aborto de miles de persoas que o perderon" e incidiu en que a "única forma de salvagardar o dereito dunha muller a decidir é a través da restauración dos preceptos de Roe contra Wade por parte do Congreso".  

A decisión foi tomada dúas semanas despois de que o Supremo anulara Roe contra Wade co voto a favor do seis xuíces conservadores e o rexeitamento do tres maxistrados liberais do alto tribunal.

  Ao eliminar o carácter de dereito constitucional, a sentenza do Supremo dá vía libre aos estados para executar a súa prohibición, no medio dunha disputa sobre unha lei de 2018 aprobada pola lexislatura republicana de Mississippi para prohibir os abortos despois das 15 semanas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade