Cargando resultados...
Biden cre que Irán vai atacar Israel "máis pronto que tarde" e pide que non o faga
Biden cre que Irán vai atacar Israel "máis pronto que tarde" e pide que non o faga
O presidente estadounidense subliñou que Washington está comprometido coa defensa do estado xudeu
G24.gal
13/04/2024 09:24
Última actualización 13/04/2024 09:35
O presidente estadounidense, Joe Biden, considera que o eventual ataque de Irán sobre obxectivos israelís chegará "máis pronto que tarde" e pediu a Teherán non o faga.
Nunha intervención na Convención da Rede de Acción Nacional, o mandatario demócrata subliñou que Washington está comprometido coa defensa de Israel.
Segundo o medio USA Today, os Estados Unidos están a incrementar as súas tropas en Oriente Medio para prepararse ante un eventual ataque iraniano contra obxectivos israelís ou occidentais.