Publicador de contidos
Publicador de contidos

Biden pídelle ao Congreso unha lei federal que recupere o dereito ao aborto: "Isto non rematou"

Biden pídelle ao Congreso unha lei federal que recupere o dereito ao aborto: "Isto non rematou"

O presidente dos Estados Unidos advirte de que a suspensión do dereito ao aborto "pon en risco" a saúde e a vida das mulleres

Afirmou que a resolución foi impulsada por tres dos xuíces nomeados por Trump

A sentenza do Supremo afonda a profunda división entre demócratas e republicanos

G24.gal 25/06/2022 09:54

O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, reclamoulle ao Congreso recuperar o dereito á interrupción voluntaria do embarazo como lei federal, "isto non acabou", dixo. Non lle vai ser fácil logralo; os republicanos aplaudiron a sentenza e prometen aprobar leis contra o aborto nos estados que controlan.

A sentenza do Supremo dos Estados Unidos afonda a división e a polarización política. Biden sinalou que é unha "xornada triste para o tribunal e para o país". Advertiu que a decisión adoptada este venres de revogar o dereito constitucional ao aborto "pon en risco" a saúde e a vida das mulleres e fai "retroceder os Estados Unidos 150 anos".

Nun discurso á nación dixo que a resolución terá consecuencias reais e inmediatas. "Non limitou un dereito, simplemente o quitou. Iso nunca se fixo cun dereito tan importante para tantos estadounidenses, pero fixérono", lamentou o inquilino actual da Casa Branca.

Sinalou que a decisión foi impulsada por tres dos xuíces que nomeou no seu día o expresidente Donald Trump, co que a decisión está marcada por unha "ideoloxía extrema", aseverou Biden.

Asumindo a resolución do Supremo, o presidente estadounidense garantiu o dereito das mulleres para viaxar desde estados onde está prohibido o aborto cara a outros que si o permitan, á vez que asegurou o acceso aos medicamentos precisos para as mulleres que o necesiten.

O mandatario advertiu finalmente de que a súa administración "utilizará todos os poderes legais" para restituír o dereito ao aborto. Instou a actuar tanto o Congreso como a cidadanía co seu voto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade