Blanca Millán volve ás pistas despois dun ano cun recital de baloncesto

Foi a máxima anotadora do Ensino ante o Barcelona con 18 puntos

G24.gal 03/12/2023 15:11

A gran noticia da xornada na Liga Feminina foi a volta de Blanca Millán. Logo dun ano lesionada, volveu á cancha na vitoria do Ensino contra o Barça por 85 a 60. Milán xogou pouco máis de 20 minutos, que lle abondaron para ser a máxima anotadora das luguesas con 18 puntos. Ademais engadiu cinco rebotes, dúas recuperacións e tivo un 22 de valoración. 

Unha grande achega nun partido en que o Ensino gañou os catro parciais para sumar a súa quinta vitoria nos últimos seis partidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade