Publicador de contidos
Publicador de contidos

Blinken aterra na China para tentar rebaixar as tensións entre ambos os dous países

Blinken aterra na China para tentar rebaixar as tensións entre ambos os dous países

É a visita de máis alto nivel dende que o presidente norteamericano, Joe Biden, comezou o mandato

G24.gal 18/06/2023 08:43

O secretario de Estado dos EUA, Antony Blinken, chegou este domingo á China, o que o converte no funcionario estadounidense de maior rango que visita o país desde que o presidente norteamericano, Joe Biden, comezou o seu mandato en 2021, informou a cadea estatal CGTN.

Tras un ano de tensións entre as dúas potencias, os expertos pregúntanse se a visita de Blinken logrará tranquilizar os ánimos e canalizar a relación bilateral, ou se pola contra as desavinzas entre Washington e Pequín alcanzaron un punto de non retorno.

De feito, o secretario tiña planeado visitar a China en febreiro, pero o derrubamento dun suposto globo espía chinés sobre territorio estadounidense provocou que se cancelara a viaxe no último momento.

Este venres, o portavoz da chancelería chinesa Wang Wenbin declarou en conferencia de prensa que ambas as dúas partes "tratarán cuestións sobre as que existe unha preocupación mutua" e que o país asiático "protexerá firmemente os seus propios intereses".

Reducir conflitos

Así mesmo, expertos chineses citados pola prensa local vaticinaron que a cooperación económica, o conflito entre Rusia e Ucraína, a cuestión de Taiwán e a preparación das seguintes reunións de alto nivel serán cuestións prioritarias durante a visita de Blinken.

"A disposición á comunicación sempre existiu entre a China e os Estados Unidos e ambos os dous agardan evitar fallos estratéxicos de cálculo, reducir os conflitos e estabilizar as relacións mediante o diálogo", explicou a CGTN o director do Instituto de Estudos Estadounidenses da Academia Chinesa de Ciencias Sociais, Yuan Zheng.

Segundo dixo, "malia que as relacións se viron gravemente deterioradas tras o incidente do globo", houbo "síntomas dun desxeo" nos últimos meses e un "maior compromiso de alto nivel" entre as dúas potencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade