Boas expectativas para a campaña de caza menor que comeza o día 20
Boas expectativas para a campaña de caza menor que comeza o día 20
Galicia conta con 34.000 licenzas de caza fronte ás 108.000 de hai 25 anos
Cada cazador gasta de media uns 2.000 euros durante a temporada
Entre o 20 de outubro e o 6 de xaneiro estará aberta a caza menor en Galicia. Lebres, raposos, coellos e perdices son as especies máis abondosas e cobizadas. Este ano prohíbese a caza da becacina e os adestramentos de cans deberán quedar rexistrados. As expectativas son boas.
"Vai haber bastante caza porque fixemos moita repoboación dende as sociedades.", sinala José M. Blanco, da Sociedade de Caza Santa Mariña
Cada cazador gastará uns 2.000 euros na campaña, sendo a munición das escopetas o gasto máis elevado. A licenza custa uns 34 euros, pero tanto cartuchos como balas de escopeta subiron ata os 15 euros cada caixa de 25 unidades.
"Mercan aceites para mantemento, fundas e todo o que conserve a arma", explícanos Javier Fernández, da Armería Lina.
En Galicia hai 34.000 licenzas, fronte ás 108.000 que había hai 25 anos. Por iso, os cazadores fan un chamamento para atraer novos practicantes a un deporte que, lembran, respecta o medio ambiente e desenvólvese ao aire libre.
"Quen coñece a caza non dubida en repetir e achegarse a nós. Tanto homes coma mulleres", Luis Eusebio Fidalgo, Presidente da Federación Galega de Caza.
Os días hábiles de caza menor volven ser os xoves, domingos e festivos.