Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bolaños anuncia "un control interno" do CNI sobre a presunta espionaxe a políticos independentistas

Bolaños anuncia "un control interno" do CNI sobre a presunta espionaxe a políticos independentistas

G24.gal 24/04/2022 21:05

Tras máis de dúas horas reunidos e sen móbiles na sala, remataba a primeiro encontro ao máximo nivel entre o Goberno e a Generalitat para abordar a presunta espionaxe a políticos e activistas do independentismo. Foi en Barcelona, no despacho da conselleira Laura Vilagrá.

Despois da xuntanza, o ministro da Presidencia, Félix Bolaños, reafirmaba a vontade de diálogo e explicaba os mecanismos que o executivo pon en marcha para aclarar os feitos.

Un exercicio de control interno no CNI, facilitar as actuacións do Defensor do Pobo para aclarar os feitos, unha comisión parlamentaria na que todos os grupos poidan ter acceso a información secreta, para que poidan coñecer o exercicio producido, e en cuarto lugar unha disposición total a colaborar coa xustiza desclasificando documentación se fora necesario.

A investigación interna do CNI e a constitución inmediata da Comisión de Segredos Oficiais do Congreso son insuficientes para Vilagrá.

A reunión non foi ben. Non podemos estar satisfeitos coas explicacións que se deron. Esiximos dimisións dos responsables políticos deste caso

A conselleira da Presidencia, man dereita do presidente catalán di que a confianza está rota.
 

Poñerán moi en dúbida a lexislatura tamén política no Estado, porque non podemos garantir o soporte parlamentario a persoas que nos estiveron espiando.

Félix Bolaños mantén que as institucións do país actúan dentro da lei e que respectan os dereitos fundamentais dos cidadáns.

O Goberno ten a conciencia tranquila e nada que ocultar, a conciencia tranquila e nada que ocultar.

O Defensor do Pobo vai abrir unha investigación sobre a presunta espionaxe a máis de sesenta persoas co programa Pegasus, que permite infectar e controlar os teléfonos sen deixar rastro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos