Bolaños defende o dereito "indiscustible" de Sánchez a declarar por escrito
Bolaños defende o dereito "indiscustible" de Sánchez a declarar por escrito
O ministro de Xustiza, Félix Bolaños, cre que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, ten que declarar por escrito diante do xuíz que investiga a Begoña Gómez por presunto tráfico de influencias e corrupción nos negocios. "Eu creo que ese é un dereito indiscutible", asegura. Así o dixo esta mañá despois de asistir na Zarzuela a xura ou promesa do cargo dos 20 novos vogais do órgano de goberno dos xuíces diante do rei Filipe VI.
Pero o ministro evitou incidir nas críticas ao xuíz Juan Carlos Peinado. Preguntado se cree que o maxistrado "prevarica" na investigación que dirixe sobre a muller do presidente do Goberno, Bolaños tirou balóns fora. O esencial agora, dixo, é que onte Pedro Sánchez, remitiulle unha carta "moi respectuosa" ao instrutor para pór manifesto que, como presidente do Goberno, ten dereito a declarar por escrito. E por tanto, "estamos á espera desa resolución que ten que adoptar o maxistrado nos vindeiros días", concluíu.