Publicador de contidos
Publicador de contidos

Boris Johnson "enganou deliberadamente" o Parlamento sobre o 'partygate'

Boris Johnson "enganou deliberadamente" o Parlamento sobre o 'partygate'

O comité parlamentario que analizou a súa responsabilidade sobre as festas durante a pandemia na residencia oficial do primeiro ministro conclúe: "O seu propio coñecemento era tal que deliberadamente enganou á Cámara" 

O ex-xefe do Goberno británico cualifica o informe como "lixo" e "mentira"

G24.gal 15/06/2023 10:24 Última actualización 15/06/2023 10:32

O exprimeiro ministro británico Boris Johnson "enganou deliberadamente" a Cámara dos Comúns sobre o partygate, as festas na residencia de Downing Street durante a pandemia, segundo a conclusión dun comité parlamentario.

"Chegamos á conclusión de que cando lle dixo á Cámara e a este comité que se estaban cumprindo as regras e a orientación, o seu propio coñecemento era tal que deliberadamente enganou á Cámara e a este comité", sinalou hoxe o informe do Comité de Privilexios dos Comúns, que investigou o partygate durante máis dun ano.

Johnson, que estivo á fronte do Goberno entre xullo de 2019 e setembro de 2022, anunciou o pasado venres que abandonaba con efecto inmediato o seu escano como deputado, por considerar que o comité lle "deixara claro" nunha carta que se preparaba para expulsalo da Cámara Baixa. 

Johnson cualifica de "lixo" e "mentira" o informe

O exprimeiro ministro británico Boris Johnson cualificou este xoves de "lixo" ese informe que o acusa de enganar deliberadamente á Cámara dos Comúns e considerou que é un "día espantoso" para a democracia.

"O comité di que enganei deliberadamente á Cámara e que cando falei estaba a ocultar conscientemente o meu coñecemento de feitos ilícitos. Iso é lixo. É unha mentira. Para alcanzar esta conclusión atolada, o comité vese obrigado a dicir unha serie de cousas que son absurdas ou que os feitos contradín", dixo Johnson.

Nun comunicado, o ex-xefe de Goberno conservador asegurou que ningún parlamentario está "a salvo dunha vendetta"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos