Publicador de contidos
Publicador de contidos

Boris Johnson regresa ao Reino Unido para intentar entrar nas primarias dos "torys"

Boris Johnson regresa ao Reino Unido para intentar entrar nas primarias dos "torys"

Os aspirantes teñen ata o luns para reunir cen sinaturas de deputados conservadores

Rishi Sunhak superaría o número de avais necesarios

Boris Johnson, nunha imaxe de arquivo
G24.gal 22/10/2022 14:26 Última actualización 22/10/2022 15:24

O exprimeiro ministro británico, Boris Johnson, chegou este sábado ao Reino Unido disposto a suceder a Liz Truss á fronte do partido conservador e do Goberno. Johnson e o exministro de economía Rishi Sunak aparecen como claros favoritos, aínda que de momento ningún presentou oficialmente a súa candidatura. Teñen de prazo ata o luns para conseguir os apoios que precisan.

Segundo lle contou o secretario de comercio e seguidor de Johnson á televisión pública británica, o exprimeiro ministro abandonou este exclusivo hotel da Republica Dominicana, onde pasaba as vacacións, para volver á casa e entrar nas primarias do partido conservador.

Os candidatos teñen ata o luns ás dúas da tarde para reunir as cen sinaturas que precisan para presentarse, dun total de 357. O único que de momento conseguiu superar esa cifra é o exministro de economía Rishi Sunak. Johnson roldaría o medio cento e a terceira aspirante, a única que anunciou oficialmente a súa intención de presentarse, Penny Mordaunt, contaría cuns 25 avais.

Así pois todo parece indicar que a batalla estará entre Johnson e Sunak.
Johnson dimitiu en xullo tras a rebelión de varios membros do seu Goberno polo escándalo das festas celebradas en plena pandemia. E Sunak, que foi quen alertou das consecuencias que tería unha redución drásticas dos impostos, perdeu as primarias fronte a Liz Truss, e agora non quere unha segunda derrota.

Con todo, tampouco se descarta que finalmente o partido opte por unha candidata de consenso que convertería a Penny Mordaunt en líder dos conservadores e primeira ministra.
O proceso, aberto tras a dimisión o xoves de Liz Truss, finalizará o próximo venres, pero a solución podería chegar xa este luns se un dos aspirantes consegue os votos necesarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade