Borja Galán "Será un choque duro entre dous equipos con semellantes obxectivos"
Borja Galán "Será un choque duro entre dous equipos con semellantes obxectivos"
O actual xogador da UD Logroñés analiza na RG o choque ante o seu exequipo
Borja Galán pasou cinco anos na Coruña distribuídos en dúas etapas, a primeira como xogador do Fabril e a última xa no primeiro equipo. Este verán, tralo non ascenso a 2ª división, dixo adeus á cidade herculina para recalar na UD Logroñés, vindeiro rival do equipo branquiazul.
"Para que negalo, será un partido especial. É certo que os dous últimos anos foron moi duros por todo o que se viviu pero teño que quedar coas boas cousas. Aínda manteño relación con Miku, que segue igual que rematou a temporada pasada, e con Bergantiños temos un grupo de Comunio e aí está, líder. Será un bo director deportivo"
Deportivo e UD Logroñés enfróntanse o vindeiro domingo co liderato en xogo, xa que ambos ocupan o alto da clasificación (xunto a Unionistas e Rácing de Santander) con vinte puntos en dez xornadas.
"Será un encontro moi duro entre dous equipos con obxectivos semellantes. Non coñezo a moitos dos futbolistas porque cambiaron moito. Nós somos un conxunto versátil, se temos que traballar facémolo todos. É a nosa maior virtude, somos moi adaptables"
Aproveitou Paco Santos na conversa con Borja Galán no Galicia en Goles para coñecer a curiosa idiosincrasia de Logroño, praza futboleira que nestes últimos anos convive con dous conxuntos diferentes.
"Cada equipo temos a nosa afección, o nos espazo e vivímolo con total normalidade e cunha boa rivalidade. Descoñezo como se verá dende fóra"