Borja Golán: "Definitivamente, esta será a miña derradeira tempada como profesional"
Borja Golán: "Definitivamente, esta será a miña derradeira tempada como profesional"
O xogador galego volveu gañar o Campionato de España de squash, e fíxoo por decimo sétima vez. Pasou polos micros da Radio Galega para contar en Zona mixta que, desta vez definitivamente, vai xogar a súa derradeira tempada o vindeiro curso
Consulta coa almofada
Borja contounos que logo de consultalo coa familia e ver que as lesións o respectaron, decidiu continuar un ano máis
"Pregunteillo á muller un día antes de durmir, non me dixo nada. Pero á mañá seguinte animoume a seguir outro aniño máis"
"Levo dous anos en moi boa forma e sen lesións, só algunha cousa sen importancia. Iso tamén dá outra razón para seguir"
Futuro como adestrador
Na pista atópase con rapaces aos que leva 15 anos, pero non lle importa. É máis, ten unha academia e gústalle traspasarlle aos novos toda a sabedoría que lle dan os títulos e a experiencia
"Cada vez estou máis centrado na Academia. Cando me retire espero mellorar como adestrador de rapaces"