Publicador de contidos
Publicador de contidos

Borja Golán recupera o título de campión de España de squash

Borja Golán recupera o título de campión de España de squash

Golán gaña o 17º campionato no que puido ser o seu último gran torneo

G24.gal 13/02/2022 15:02

Borja Golán segue a facer historia. No Campionato de España de squash celebrado no Milladoiro, na pista na que adestra habitualmente, recuperou o cetro logo de derrotar a Iker Pajares en tres sets (5-11, 8-11, 7-11). 

É o título número 17 para este mito do deporte galego, que perdera as últimas tres finais. Aos 39 anos Borja mantén a incógnita sobre o seu futuro e este puido ser o seu último gran título. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade