Publicador de contidos
Publicador de contidos

Borja Iglesias, tras marcar o seu primeiro gol co Celta: "É un soño cumprido"

Borja Iglesias, tras marcar o seu primeiro gol co Celta: "É un soño cumprido"

O santiagués regresou este verán sete anos despois de abandonar Vigo

Foto EFE
G24.gal 27/08/2024 15:26 Última actualización 27/08/2024 15:30

O dianteiro Borja Iglesias non escondeu a súa felicidade por marcar o seu primeiro gol en partido oficial co Celta, ao que regresou este verán sete anos despois de abandonar Vigo para asinar polo Español.

“Un soño cumprido, levo moitos anos desexando marcar en partido oficial co Celta. Tiña esa espiña cravada, a pena é que non servise para gañar o partido”, comentou o exfutbolista do Betis.

Borja Iglesias, unha das novidades no once inicial de Claudio Giráldez, dixo estar “orgulloso” da imaxe ofrecida polo seu equipo no Estadio da Cerámica, onde tiveron “moitas” ocasións para sumar a terceira vitoria noutros tantos partidos.

“As sensacións que transmitimos son as que temos nós, polo menos desde que eu cheguei aquí. Somos un equipo moi valente, moi traballador e con moita ilusión. O míster transmítenos moito esa alegría por xogar, por gozar dos momentos, por ser protagonistas. Este é o camiño para seguir”, subliñou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade