Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bota a andar no Incio un proxecto de aldea sostible

Bota a andar no Incio un proxecto de aldea sostible

Contará con 16 vivendas modulares, feitas en madeira, e cun gasto enerxético moi baixo

G24.gal 24/08/2022 16:42

Nun lugar único, ao carón do encoro de Vilasouto, erguerase a aldea sostible de Covo. Un proxecto que naceu durante a pandemia do desexo dun emigrante en Miami, de regresar á terra materna.

O proxecto, que cobre unha superficie de máis de 20.000 metros cadrados, inclúe a construción de dezaseis vivendas sostibles, modulares, prefabricadas en madeira, cun gasto enerxético moi baixo e unha comunidade solar para satisfacelo. Tamén se vai rehabilitar algunha casa da mesma aldea que se destinará tanto á venda como ao alugueiro con fins turísticos.

Segundo indicaron os promotores, cada vivenda terá o seu propio “horto permacultura”.

“A permacultura é a filosofía de traballar coa natureza, en lugar de na súa contra”, explican. “Grazas a ela, poderemos ter un horto ecolóxico cuxo esforzo de mantemento sexa moito menor do normal”, relatan os responsables da aldea sostible.

As vivendas poderanse mercar ou alugar. As primeiras estarían listas na primavera.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade