Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bota gasolina e incendia o coche dun veciño cando estaba saíndo do garaxe en Ribadumia

Bota gasolina e incendia o coche dun veciño cando estaba saíndo do garaxe en Ribadumia

A vítima saíu ilesa e a Garda Civil detivo o agresor 

Imaxe da saída do garaxe horas despois de que se producira a agresión este mércores
G24.gal 18/05/2022 13:42

O incidente tivo lugar cando un home estaba a saír do garaxe que comparten os edificios 5 e 7 do canellón Loureiro, en  Ribadumia, segundo conta un residente ante o portal deste último.

"Un veciño do número 5 saía deste portal co seu coche para enriba e veu outro veciño tamén do número 5 e botoulle gasolina por riba do coche e prendeulle lume. Eran as cinco e media da mañá, cos nenos todos na cama, os veciños durmindo e..., pois foi un susto. Foi un susto grande".

O veciño alude a unha posible alteración psíquica do agresor. "Polo que dixeron, porque cando o vin eu estaba enriba no balcón e non o vin en fronte, estaba un pouco "posuído polo demo" como se di por aquí", di.

A testemuña explica que colleron os extintores da comunidade para apagar o lume e que os danos do incendio se limitan ao plano material no que é o vehículo e o garaxe. A vítima da agresión saíu ilesa.

"A el non lle pasou nada. Saíu do coche e logo apagamos cos extintores, pero a el non lle pasou nada. Viñeron os bombeiros, Garda Civil, unha ambulancia".

A Garda Civil detivo un home de 49 anos como presunto autor do incendio acusado dun delito de danos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade