Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Brasil elixe entre Lula e Bolsonaro nunhas eleccións de resultado incerto

O Brasil elixe entre Lula e Bolsonaro nunhas eleccións de resultado incerto

Lula avantaxa nas enquisas, pero Bolsonaro ten opcións de dar a sorpresa a teor do sucedido na primeira volta

Atrás queda unha campaña polarizada, marcada polas descualificacións, as noticias falsas e o xogo sucio

Lula e Bolsonaro tras execer o seu dereito ao voto no Brasil
G24.gal 30/10/2022 14:33 Última actualización 30/10/2022 17:41

Os brasileiros votan hoxe cun sistema electrónico que xerou numerosas suspicacias, pero que  sorprendentemente leva implantado 25 anos. Un total de 156 millóns de persoas teñen a opción de teclear o número 13, que corresponde a Lula, ou o 22 de Bolsonaro.

As opcións están abertas, malia que Lula da Silva levaba nas enquisas entre 3 e 5 puntos de marxe sobre Bolsonaro.

O ultradereitista ten detrás un forte traballo que realizan ao seu favor as igrexas evanxélicas. Promete frear a ampliación do aborto, tamén a loita contra a droga, a defensa da familia tradicional e dos dereitos individuais, e converterse nun freo contra o comunismo, que atribúe a Lula.

"Sen dubida el vai gañar, porque o que Deus determinou aquí para nós, ninguén o vai mudar", di unha seguidora de Bolsonaro.

Mentres, Lula da Silva aspira a regresar ao palacio presidencial de Planalto coa promesa de restauración da democracia efectiva tras o bolsonarismo, un programa social para mellorar a situación das clases traballadoras e o que denomina concertación nacional para unir a sociedade.

"Un sentimento de esperanza, de que mañá vai ser un novo día e de que todo vai chegar. É moi emocionante para a xente", comenta unha partidaria de Lula.

A campaña para esta segunda volta ensuciouse con fake news e descualificacións extremas lanzadas desde os equipos dos dous candidatos. Uns sinalaban a Bolsonaro como pederasta e canibalista, mentres os outros acusaban a Lula de satánico e narcotraficante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade