Publicador de contidos
Publicador de contidos

Breogán e Leyma caen na semifinal do Encestarrías

Breogán e Leyma caen na semifinal do Encestarrías

Os de Lugo estiveron a piques de forzar a prórroga diante do poderoso Mónaco (61-63)

O Leyma pouco puido facer diante dun inspirado Valencia (85-108)

G24.gal 13/09/2024 23:19

Leyma Coruña e Río Breogán xogarán a pelexa polo terceiro posto nesta edición do Encestarrías. Ningún dos dous puido dar a sorpresa e gañar o seu partido na quenda semifinal. 

O Leyma perdeu con claridade diante dun Valencia Básket que dominou de principio a fin. No primeiro cuarto xa mandaba por 18-30 e co paso dos minutos non fixo máis que aumentar a vantaxe. 37-55 ao descanso e 57-81 no terceiro cuarto. Ao remate un 85-108 que demostra a dureza que vai ter o nivel de ACB para os da Coruña. 

O Breogán estivo moito máis preto do triunfo, pero acabou perdendo por 61-63 diante do Mónaco. Partido de baixa anotación no que gañaban os franceses por 25-32 ao descanso. No terceiro cuarto igualouse o partido e mesmo os de Mrsic gozaron dunha diferenza de catro puntos (47-43). Decidiuse no treito final cando a estrela do equipo do Principado Okobo anotou dúas canastras decisivas para poñer o 61-63. Sakho palmeou o tiro que podía levar o partido á prórroga pero estaba fóra de tempo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade