Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dobre fenómeno astronómico a un tempo de madrugada: eclipse lunar parcial e superlúa

Dobre fenómeno astronómico a un tempo de madrugada: eclipse lunar parcial e superlúa

A lúa estivo, nun momento, no seu punto máis próximo á Terra e, por iso, ao non aliñárense perfectamente a Terra co Sol, a sombra da Terra non tapa por completo o astro

 

G24.gal 18/09/2024 10:00

Esta foi noite de superlúa, que puido verse máis grande e máis brillante do habitual. Ademais, na madrugada houbo tamén eclipse lunar parcial.

A de hoxe foi a segunda superlúa deste ano. Os que miraron ao ceo esta noite foron testemuñas dun dobre fenómeno astronómico que non adoita darse. Eclipse lunar parcial e superlúa. A lúa estivo, nun momento, no seu punto máis próximo á Terra e, por iso, ao non aliñarse perfectamente a Terra co Sol, a sombra da Terra non tapa por completo o astro. O resultado é unha lúa un 15 % máis grande do habitual e un 30 % máis brillante. A lúa desta noite chámase tamén lúa da colleita.

Entre outras cousas, precisamente por ese aumento de brillo, esa luz adicional, axudaba moito nas colleitas nocturnas antigamente. De aí o nome. O vindeiro dous de outubro está prevista unha eclipse anular do sol, pero o fenómeno desta madrugada, co 8 % da superficie lunar escurecida, é moi pouco habitual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade