Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres detidos, entre eles un policía, pola morte violenta dun médico en Almería

Tres detidos, entre eles un policía, pola morte violenta dun médico en Almería

Dous dos arrestados ingresaron en prisión e un terceiro quedou como investigado

O corpo sen vida do médico apareceu en agosto no seu domicilio con evidentes signos de violencia

Imaxes do arresto dun dos presuntos implicados no crime (Gabinete de prensa Garda Civil) Imaxes do arresto dun dos presuntos implicados no crime (Gabinete de prensa Garda Civil)
G24.gal 19/09/2024 12:19 Última actualización 19/09/2024 12:45

A Garda Civil detivo tres persoas, entre elas un axente da Policía Nacional destinado en El Ejido, como presuntos implicados na morte violenta dun médico en Aguadulce, en Roquetas de Mar (Almería), a finais do pasado mes de agosto.

As detencións producíronse en León, Almería e Roquetas de Mar. Dous dos arrestados ingresaron en prisión mentres que un terceiro quedou como investigado.

Rafael Piorno Fermoselle presentouse nas eleccións municipais de maio de 2023 na lista do PP ao Concello de Roquetas de Mar pero non chegou a conseguir acta.

O corpo do médico apareceu con evidentes signos de violencia no seu domicilio

Foi sobre as 9:40 horas do domingo 25 de agosto, cando un veciño alertou a emerxencias de que levaba dous días sen ver o médico e que na porta do seu domicilio había restos de sangue.

Os investigadores atoparon o cadáver de Rafael Piorno Fermoselle con evidentes signos de violencia no seu domicilio de Aguadulce, onde tamén pasaba consulta. Tiña as mans atadas e presentaba sinais de ter sido apuñalado.

As primeiras pescudas apuntaban a que a vítima, que falecería o 23 de agosto, podería ter algún vínculo ou gardar algunha relación cos posibles responsables, segundo os especialistas de criminalística de Policía Xudicial.

Constataron que un dos detidos "coñecía, de maneira directa, o falecido"; outro desprazouse desde León expresamente para roubar na vivenda do facultativo xunto a outro dos detidos. Os dous trataron de borrar calquera rastro do lugar que os vinculase co falecido.

No marco da investigación practicáronse rexistros nos domicilios dos presuntos autores nas localidades de León e Aguadulce-Roquetas de Mar, así como nun local da cidade de Almería arrendado por un dos detidos.

As dilixencias xudiciais foron trasladadas ao Xulgado de Instrución número 1 de Roquetas de Mar (Almería), que decretou o ingreso en prisión de dous dos detidos. O terceiro detido foi posto en liberdade coa condición de investigado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade